Terá unha superficie aproximada de 50.000 metros cadrados e vai estar situado preto do campo de fútbol-rugby e das pistas de atletismo, o que conformará un proxecto unificado e un conxunto de gran valor espacial e natural duns 70.000 metros cadrados. Estas son as características do Xardín das Lagoas, un proxecto avalado pola Universidade de Vigo e o Concello de Ourense que permitirá desenvolver no campus o parque máis grande da cidade xa que, como recoñeceron o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, no acto de sinatura do convenio entre ambas as dúas institucións para a posta en marcha da iniciativa, “na actualidade non existe ningún referente de tal magnitude na cidade”. O importe total das actuacións ascende a 980.000 euros dos que o Concello achegará 300.000 e a Universidade os 680.000 euros restantes.
10/05/2010