O novo Edificio Administrativo do campus de Ourense situarase nun solar de 2000 metros cadrados segundo se recolle no proxecto realizado polo arquitecto Manuel Gallego Jarreto, que contempla así mesmo a construción dun segundo bloque que se destinará a un uso eminentemente cultural, dende os ensaios e actuacións da Aula de Teatro Universitaria cun espazo para espectáculos con aforo para máis de 200 persoas, ata a realización de concertos, exposicións e outros eventos culturais. Gallego Jarreto deseñou o espazo tendo en conta a súa utilidade académica así como o entorno no que vai ir situado. O arquitecto estimou o custo do proxecto en máis de 4 millóns de euros e fixou o tempo de execución entre os 16 e os 18 meses.
04/05/2010