“Non haberá paz no Medio Oriente ata que Xerusalén sexa dividida”. Así o subliñou Meir Margalit, fundador do Comité Israelí contra a Demolición de Casas, no relatorio que ofreceu este martes no Liceo con motivo da Intercultural. Con todo, o pacifista revelou que esta cidade “é indivisible”, un paradoxo para o que o movemento que lidera ten unha fórmula creativa. Segundo explicou, “propomos unha división funcional e non territorial, para facer de Xerusalén unha cidade unida con dúas municipalidades: unha palestina e a outra israelí”, sinalou.
19/05/2010