A tres días da celebración do acto central do 15º aniversario da titulación de Enxeñaría de Minas, o director da Escola, Pedro Arias, analiza no Duvi as claves do pasado, presente e futuro desta titulación, única en Galicia e unha das catro que actualmente se imparten no resto de España. Desde a súa creación, vencellada daquela a ETSE de Industriais, en 1992, a ETSE de Minas viu pasar polas súas aulas, ata o de agora, a unha decena de promocións de enxeñeiros que desenvolven o seu traballo en diferentes sectores estratéxicos como o a obra civil subterranea, xestión de recursos naturais ou enerxías renovables.
Nesta entrevista o, desde hai oito meses director da ETSE, Pedro Arias, aborda as cuestións claves que explican o repunte experimentado no número de matriculados este curso, os obxectivos que a titulación pretende acadar coa súa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior ou o papel que a investigación xoga nesta titulación, na que tamén destaca a progresiva incorporación da muller.
27/11/2007