O congreso O reto de adaptar a educación ao século XXI botou a andar este luns co obxectivo de converterse nun punto de encontro para que o intercambio de puntos de vista entre profesionais da educación permita encamiñar o mundo educativo cara a excelencia. Nun contexto nada favorable, Carmen Guaite, vicepresidenta nacional da Asociación Nacional de Profesionais da Ensinanza, ANPE, comezou reclamando o importante papel dos docentes como profesión fundamental para o cambio social, a superación da crise e a configuración do futuro. Para Guaite, o principal problema co que nos atopamos ao falar de educación é que “por primeira vez na historia da humanidade, os profesores temos que explicar para que servimos, cando somos nós os que preparamos a sociedade que está por vir, cando somos o laboratorio onde xermina o futuro”.
09/07/2012