A crise das “hipotecas subprime” do verán de 2007 nos Estados Unidos acabou dando paso a unha crise financeira e real a nivel mundial que se prolonga ata o día de hoxe. A economía global afronta agora unha depresión de dimensión, natureza e duración descoñecidas. Neste escenario, o debate sobre a política económica recupera unha importancia vital para o benestar da cidadanía, de aquí a organización do seminario A crise económica internacional. Claves e retos para a economía galega, dirixido polos profesores de Economía Aplicada Gonzalo Caballero e Mª Dolores Gil. O curso de verán, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo, “desenvolve unha temática de máxima actualidade mundial e relaciónaa coas claves da evolución da economía española e galega”, sinala Caballero.
01/06/2009