Atascos, accidentes ou inclemencias meteorolóxicas son algúns dos imprevistos que se poden atopar os condutores nas estradas. Pero as necesidades de comunicación na actualidade van máis aló das urxencias, os modos de vida demandan unha constante información e conexión co mundo. Neste eido avanza a tese de doutoramento de Jack Fernando Bravo, premiada na International Conference on Consumer Electronics, o congreso de electrónica de consumo máis importante do mundo, celebrado nas Vegas. O seu traballo propón unha serie de melloras para as comunicación en redes vehiculares, aquelas formadas por automóbiles que se desprazan polas rúas e estradas, e avanza no deseño e validación de solucións para comunicacións máis complexas, que se inspiran nun concepto innovador saído do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, MIT.
19/03/2012