Co propósito de “incendiar” o escenario ao ritmo da música pop, Marc Ros, Axel Pi e Jesús Senra, integrantes de Sidonie, abriron este xoves a programación cultural do segundo cuadrimestre da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. Despois de 10 anos sen pisar a cidade de Vigo, a banda aproveitou a ocasión para presentar o seu novo álbum El Incendio no Teatro Vidal Bolaño, que encheu practicamente por completo o seu aforo. O público, formado na súa maior parte por estudantes, amosouse moi entregado coa actuación, un apoio que foi recoñecido por Marc Ros, vocalista do grupo.
04/03/2010