Unha fotografía das Svalbard, arquipélago situado no Ártico, foi a imaxe elixida polo presidente de Greenpeace España para ilustrar o que afirma “non é una teoría, senón unha realidade”, o cambio climático. Sobre cambio climático e enerxía, así como do papel das renovables, versou o relatorio que Juan López de Uralde ofreceu este mércores no ciclo Universium no que incidiu na necesidade dunha actuación urxente para frear as emisións de CO2 e o conseguinte aumento da temperatura do planeta. Para o presidente de Greenpeace España na actualidade “a saída da dependencia dos combustibles fósiles é o gran reto da humanidade” para enfrontar a situación de risco que sofre o planeta agravada aínda máis, segundo López de Uralde, pola falta de acordo dos gobernos aos que responsabiliza “do grave delito de deixar que se destrúa o planeta e non chegar a un acordo no cumio de Copenhague”.
28/04/2010