A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e o Instituto Politécnico do Cávado e do Ave, de Barcelos-Portugal, teñen en común que forman a futuros profesionais que a unha e a outra beira do Miño traballarán no desenvolvemento do sector turístico. Para que o seu alumnado intercambie experiencias e coñecementos, o centro ourensán celebrou este mércores a II Joint Class, unha xornada de traballo en aula conxunta. Nela, 35 estudantes lusos, acompañados por docentes, se achegaron ata o campus ourensán para coñecer en persoa a Universidade de Vigo, os seus estudos en Turismo e a futuros colegas de profesión.
02/11/2011