Danos materiais en varios edificios de facultades e servizos, e papeis ciscados por boa parte do campus, son a testemuña máis visible da folga dos traballadores de limpeza de edificios e locais que afectou, tamén nesta xornada, á Universidade de Vigo, un feito do que a xerente da institución, Ana Fernández Pulpeiro, sinalou “a Universidade non tiña comunicación”. Ante os danos materiais sufridos en diversas dependencias de algunhas facultades onde os retretes foron atascados, as paredes pintadas, os extintores e as papeleiras baleirados a xerente da Universidade afirmou que "aínda que respectamos as reivindicacións dos traballadores, non podemos máis que lamentar os actos ocorridos”.
06/11/2008