Aprobada nun tempo récord, apenas seis meses, e cun orzamento de un millón de euros. O Campus do Mar acaba de conseguir a Cátedra UNESCO en Desenvolvemento Litoral Sostible, a primeira que este organismo das Nacións Unidas concede á Universidade de Vigo e unha das tres en España vinculadas puramente á ordenación litoral xunto con Cádiz e Canarias. Trátase dun proxecto singular “pola súa fortaleza” xa que, ademais de aglutinar a importantes institucións “nun grupo forte e sólido”, tamén é a primeira cátedra da entidade vinculada a un Campus de Excelencia Internacional. “Poderiamos ter logrado a Cátedra UNESCO sen o Campus do Mar? Si, pero non con a mesma entidade, diversidade e fortaleza”, recoñece Gonzalo Méndez, director da cátedra. O programa ten previsto situarse nas instalacións do Campus do Mar na antiga ETEA de Vigo.
23/11/2011