Continúa na EU de Fisioterapia o ciclo O final da historia, que pretende xerar debate sobre saúde e calidade de vida a partir de argumentos de filmes e con convidados de ámbitos diversos. Hoxe foi a quenda do actor Álex Angulo, que partiu da cinta Que fue de baby Jane? para reflexionar sobre a dependencia, os soños rotos ou a renuncia.
Álex Angulo ten participado nunha morea de longametraxes, curtametraxes e series de televisión, ao carón de directores como Enrique Urbizu, Álex de la Iglesia, Icíar Bollaín, Pedro Almodóvar ou Guillermo del Toro. Segue pelexando polo seu propio soño, ser actor, profesión da que admite que xera dependencias derivadas da fama, pero que non son peores que as de calquera outra.
15/04/2010