Ser profesoras da Facultade de Belas Artes e artistas cunha longa traxectoria profesional son, a priori, os únicos elementos en común das participantes na nova mostra da Sala X inaugurada este xoves. Berta Cáccamo, Mar Caldas, Almudena Fernández, Silvia García, Yolanda Herranz, Mónica Ortuzar e Ana Soler foron convidadas polo comisario da galería, Xosé Manuel Buxán, para afrontar un único cometido, o de realizar pezas feitas especificamente para este espazo expositivo, de aí o título da exposición, Ex profeso 1. É, polo tanto, unha mostra pensada dende a diversidade e na liña da arte site specific.
04/12/2009