No seu primeiro discurso de apertura do curso académico como reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, demandou dos gobernantes a consideración para o sistema universitario galego de obxectivo estratéxico para o desenvolvemento do futuro de Galicia. Unha solicitude que o reitor formulou tras incidir na necesidade de que a Xunta concrete un Plan de Financiamento para o período 2011-2015 e sinalar o investimento en I+D como unha “prioridade indiscutible” nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2011.
No acto de apertura de apertura do curso 2010-2011 na Universidade de Vigo, celebrado no salón de actos do Edificio Politécnico do campus de Ourense, a empresa e máis concretamente a información financeira e o goberno corporativo, centraron a lección maxistral impartida polo catedrático de Economía Financeira e Contabilidade, Miguel Ángel Crespo. Pola súa banda a secretaria xeral da Universidade de Vigo, Inma Valeije, deu conta da memoria do pasado curso na que sinalou os feitos máis destacados da actividade institucional, docente e investigadora.
O reitor pide á Xunta a concreción dun Plan de Financiamento con fondos en función de resultados
2009-2010, un curso de cambios e novos proxectos
Miguel Ángel Crespo:“A organización máis importante do mundo e a base do desenvolvemento de Occidente é a empresa”
24/09/2010