Coincidindo este venres coa celebración en Vigo do acto oficial de apertura do curso académico do Sistema Universitario de Galicia, o Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín acolle tamén a inauguración do ano académico deste centro adscrito. Este acto servirá tamén para darlle a benvida institucional aos 95 novos alumnos que cursarán o grao en Enxeñaría Mecánica no centro, que comezaron xa as clases, xunto co resto da comunidade universitaria, o pasado 5 de setembro.
O acto, que dará comezo ás 11.50 horas, estará presidido polo contraalmirante director de Ensinanza Naval, Andrés Amable Breijo Claur, na que será a súa primeira visita oficial á Escola Naval, polo que será recibido con Honras de Ordenanza pola formación do Batallón de Alumnos e toda a Dotación da Escola Naval Militar.
15/09/2011