O 21 de outubro de 1805, no marco da terceira coalición iniciada por Inglaterra, Austria, Rusia, Nápoles e Suecia para intentar derrocar a Napoleón Bonaparte, tivo lugar a Batalla de Trafalgar. Unha dura contenda naval na que os exércitos franceses e españois, baixo os mandos de Pierre Villenueve e Federico Gravina respectivamente, se enfrontaron á armada británica liderada polo vicealmirante Horatio Nelson quen obtivo finalmente a vitoria. Pouco tempo despois desta batalla, concretamente na madrugada do día 2 ao 3 de novembro, a goleta Alexandra intentaba regresar a porto despois dunha longa viaxe.
11/11/2013