A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte xa hai unhas semanas que pode gabarse de ser o primeiro premio SICE 2008, aínda que só de palabra. Sen embargo, a partir deste mércores o vicerreitor do campus, Jesús Hernández, e os arquitectos, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, terán nas súas mans o galardón que recoñece o edificio pola súa sustentabilidade, innovación e calidade na edificiación. O acto de entrega terá lugar na sede do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos (CSCAE), institución que promove o premio en colaboración co Ministerio de Vivenda entre construccións de España e Portugal posteriores a abril de 2005, e será o presidente do CSCAE, Carlos Hernández Pezzi, quen lles faga entrega do premio.
15/12/2008