Os vindeiros 14 e 15 de decembro terá lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a constitución do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática e do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática. Deste xeito, a Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia, considera que se fai xustiza co seu principal obxectivo dende a creación, en 1992, da titulación. No caso do Colexio en Enxeñaría Técnica non será necesario realizar eleccións por existir unha única candidatura, mentres que no caso do de Enxeñaría en Informática, si deberá celebrarse votación ao existir dúas candidaturas.
12/12/2007