Resultado da progresiva adaptación ao Espazo Europeo da Educación Superior, o vindeiro curso as clases na Universidade de Vigo comezarán máis cedo ca nunca. O alumnado volverá ás aulas o vindeiro 5 de setembro e tanto clases como exames daranse por finalizados o 2 de xuño de 2012, establecéndose como data límite de entrega de actas o 22 de xuño. É unha das principais novidades do calendario dun curso que se caracterizará, entre outros aspectos, por ser o primeiro no que se produza a supresión definitiva en todas as titulacións do que eran os exames de setembro, que o vindeiro curso se celebrarán entre o luns 2 e o sábado 14 de xullo.
O calendario divídese en dous cuadrimestres “plenamente equilibrados”, como subliñou a secretaria xeral, Inmaculada Valeije, de 18 semanas cada un deles, o que supón 85 días hábiles, excluídos sábados e períodos de vacacións.
15/04/2011