A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este martes e mércores a celebración do 3rd Iberian Congress Advances on SPH. A cita, organizada polos investigadores de EphysLab (Environmental Physics Laboratory, CIM-UVigo) Alejandro Jacobo Cabrera e Iván Martínez.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arranca este sábado 27 de xaneiro. Será cun percorrido polo coto de Novelle e a vila termal de Arnoia (Ourense).
Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeiro 18 de febreiro, este luns o campus de Ourense recibiu a visita da cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros desta lista e do seu partido.
Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, os socios do proxecto europeo Wheatbiome déronse cita este venres no campus de Ourense para facer balance dos seus avances.
O pasado mes de agosto as administracións provincial, autonómica e estatal crearon a Mesa Termal de Ourense, unha unidade de coordinación para impulsar a ampliación e a sostibilidade do sector termal na provincia.
Un novo número, o trece, da revista electrónica anual Avances en Ciencias de la Tierra (ACT) xa está dispoñible en Internet para as persoas interesadas. O volume está editado por EphysLab, Environmental Physics Laboratory (CIM-UVigo).
O campus de Ourense abriu este martes as súas portas a 400 estudantes preuniversitarios procedentes de centros educativos da provincia e de Monforte de Lemos. Ao longo da mañá, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e titulacións.
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo xa está en marcha. Este cuadrimestre serán seis as andainas que se celebrarán desde o 27 de febreiro ao 20 de abril.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense recibiu este xoves pola tarde a visita de arredor de 40 estudantes da Escola Profissional de Trancoso (Guarda, Portugal), acompañados de docentes dese centro.
Un equipo do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo desenvolve na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto estatal WasteToBioH2. O seu obxectivo é avanzar na produción de biohidróxeno.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2023.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024).
A empresa CIE-Galfor, radicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense dous robots KUKA TC300 para o seu uso nas prácticas do alumnado do Grao de Enxeñaría Agraria que se imparte neste centro.
Este luns faleceu José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da Universidade de Vigo desde a súa posta en marcha hai 25 anos. A comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coñeceron.