A pegada de carbono é unha medida do impacto ambiental que estuda as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, medidas en kg de CO2 equivalentes. Esta é unha ferramenta de grande utilidade, polo que a Oficina de Medio Ambiente da Universidade leva dende 2002 estudando o impacto derivado das actividades da institución. No informe correspondente ao 2017 constátase a tendencia decrecente das emisións anuais, con 0,95 toneladas de CO2 eq/persoa, fronte ás 0,97 do ano anterior.
26/11/2018