Con preto de 50 alumnos e alumnas, chegados de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades autónomas, neste curso 2023/2024 botaba a andar o Grao en Deseño, unha titulación única no Sistema Universitario de Galicia (SUG), coa que arrancaba tamén a actividade da Facultade de Deseño. O reitor, Manuel Reigosa, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, visitaron este venres as instalacións desta facultade.
17/11/2023