Persoal investigador do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo e da Misión Biolóxica de Galicia, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), poñen en marcha a Unidade Asociada Comunidades Microbianas de Solos.
A Vicerreitoría do campus de Ourense acaba de publicar o libro, en formato electrónico, Proxectos INOU 2022. Investigación aplicada na provincia de Ourense. Nel recóllense os resultados de seis traballos feitos por grupos de investigación multidisciplinares do campus de Ourense.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este martes e mércores a celebración do 3rd Iberian Congress Advances on SPH. A cita, organizada polos investigadores de EphysLab (Environmental Physics Laboratory, CIM-UVigo) Alejandro Jacobo Cabrera e Iván Martínez.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arranca este sábado 27 de xaneiro. Será cun percorrido polo coto de Novelle e a vila termal de Arnoia (Ourense).
Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, os socios do proxecto europeo Wheatbiome déronse cita este venres no campus de Ourense para facer balance dos seus avances.
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
Un novo número, o trece, da revista electrónica anual Avances en Ciencias de la Tierra (ACT) xa está dispoñible en Internet para as persoas interesadas. O volume está editado por EphysLab, Environmental Physics Laboratory (CIM-UVigo).
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo xa está en marcha. Este cuadrimestre serán seis as andainas que se celebrarán desde o 27 de febreiro ao 20 de abril.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
Un equipo do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo desenvolve na Facultade de Ciencias do campus de Ourense o proxecto estatal WasteToBioH2. O seu obxectivo é avanzar na produción de biohidróxeno.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2023.
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acaba de rematar a súa participación no proxecto europeo eTwinning Singing Maths.