O proceso de globalización no que se atopa inmerso o planeta está a poñer en perigo usos, representacións e costumes tradicionais que se poden chegar a perder na memoria. A Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural e Inmaterial da UNESCO traballa arreo e, en moitos casos, contrarreloxo para frear este proceso co obxectivo de poñer en valor a cultura popular das diversas comunidades. Neste sentido, “a Universidade de Vigo está implicada como coordinadora do proxecto Ronsel”, segundo explica o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e co gallo de afondar no sistema e na estrutura da Convención, acolleu o relatorio de Francisco Javier López Morales, director de Patrimonio Mundial do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México. Na súa intervención, afondou na aplicación da Convención no seu país e na metodoloxía e criterios de traballo de México ou tempo que explicou o funcionamento deste órgano en calidade de relator na 2ª Asemblea Xeral do mesmo.
29/10/2008