Co obxectivo de fomentar o deporte e a actividade física entre os membros da comunidade universitaria, o 1 de febreiro celebrarase unha maratón de fútbol sala para PDI e PAS. “Trátase dun formato orixinal con respecto a anos anteriores, nos que o Servizo de Deportes organizaba competicións de liga ou de maior duración”, tal como apunta Eduardo Rodríguez, responsable do evento, quen engade que “a participación está aberta a todos, independentemente da condición física, posto que, aínda que é unha posibilidade, non son habituais as lesións”
10/01/2008