A Universidade de Vigo manterá a actual fórmula de non incluír no Plan de Organización Docente, POD, a docencia impartida en másteres oficiais e programas de doutoramento, ao tempo que abre a porta a introducir nuns anos unha nova modalidade de máster académico especialmente orientado á captación de estudantes estranxeiros. A proposta do grupo da oposición, Nova Universidade, de que o Consello de Goberno aprobase a inclusión no POD da docencia impartida en másteres oficiais e programas de doutoramento, saldouse co rexeitamento da maior parte dos integrantes do Consello que, pola contra votaron a favor da iniciativa presentada polo equipo de goberno e que contempla manter ata o terceiro curso dos novos graos a estrutura actual, con másteres con perfil investigador vinculados a doutoramento e a POD, xunto cos másteres de carácter profesionalizante con incentivos económicos para os docentes que neles participen, pero non vinculados a POD “onde non encaixan, ao tratarse dunha docencia non obrigatoria, cun marcado carácter profesionalizante e que deben mudar e adaptarse ás necesidades da sociedade”, apuntou o reitor.
23/07/2008