Un ano máis, e xa van cinco, a ETSE de Minas, mergúllase de cheo na celebración da Semana da Ciencia. Dende hoxe e ata o venres visitarán o centro vigués arredor de 1000 rapaces e rapazas de 25 centros de ensino medio de toda Galicia para achegarse á ciencia de primeira man e a través de experimentos e demostracións. Nesta ocasión é a química a gran protagonista das actividades, coincidindo co Ano Internacional desta disciplina, polo que nestas xornadas de portas abertas, os asistentes coñecen as instalacións do centro e a relación que une esta profesión coa química a través da enerxía, os novos materiais ou o medio ambiente.
07/11/2011