Unha alternativa profesional moi achegada á realidade actual do mundo da moda é a brindan Natalia Pérez e Jorge Bolado, American Pérez, ao alumnado de Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galiza, Esdemga, nunha nova entrega dos Xoves de Moda. Presentados por Lola Dopico, directora dos estudos, transmitiron a satisfacción que supón crear unha marca propia desde cero, “emocionándose con calquera logro, por pequeno que sexa, pois é como ver medrar ao teu fillo”, explicaron. Recoñeceron que o premio L´Oreal no Ego de Cibeles conseguido en 2010 “nos abriu moitas portas e nos trouxo todo da man”.
24/03/2011