Rosa García, directora de sustentabilidade para Europa de Alcoa será a encargada de inaugurar o luns 15 de novembro o ciclo de conferencias que o Grupo Rede organiza co apoio de Economics for Energy e da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Ao longo da súa exposición, a experta, egresada da Universidade, tratará “un tema tan importante como é a influencia que as grandes regulacións ambientais teñen nas empresas”, explica o profesor Xabier Labandeira, organizador das xornadas. Inseridos no máster en Xestión do Desenvolvemento Sustensable, os relatorios, que constitúen unha actividade complementaria para o alumnado, teñen como principal obxectivo “traer poñentes de primeiro nivel, tanto do eido empresarial como académico e regulatorio para falar de todos os temas que xiran arredor da sustentabilidade e da enerxía”, segundo palabras de Labandeira.
12/11/2010