O novo contexto global con sociedades multiculturais, países de acollida de emigrantes e situacións como a de Catalunya, na que xa se falan arredor de 200 linguas, fai imprescindible a existencia dun elemento de cohesión: unha lingua pública común, o catalán. Esta foi a tese defendida este martes na Facultade de Filoloxía e Tradución por Joan Puigcercós, presidente de Esquerra Republicana de Catalunya. Nun relatorio sobre a lingua propia nas sociedades multiculturais, Puigcercós explicou o cambio de paradigma que se deu nos últimos anos no tocante ás políticas lingüísticas, apostando polo plurilingüismo, pola inmersión que asegure a todos os cataláns, incluídos os inmigrantes, a igualdade de oportunidades.
04/05/2010