A Casa das Campás converteuse hoxe nun punto de encontro intercultural durante o acto de benvida aos 29 alumnos e alumnas estranxeiros que acaban de chegar ao campus. Súmanse así aos 29 estudantes estranxeiros do primeiro cuadrimestres e aos 11 que permanecerán todo o curso. Ao longo do acto transmitíronlles a súa satisfacción por acollelos o vicerreitor do campus, Jesús Hernández, e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area. Así mesmo, recibiron información sobre os cursos de linguas e as actividades culturais e deportivas do campus e, como agasallo, o libro Contos de ida e volta. Deseguido, foron convidados a un almorzo á galega, no que, ademais de café e doces, puideron probar empanada e tortilla.
18/02/2010