Semella que o conto de Alicia en el país de las Maravillas se fixo realidade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Cartas da baralla por un lado, raíñas de corazóns por outro, coellos pedindo a hora... Non se trata dunha alucinación, son os alumnos e alumnas de 4º de Publicidade e Relacións Públicas que forman o grupo Pont-e, con sede en Facebook, xa que organizaron a festa No cumpleaños, inspirándose no mundo de Alicia de Lewis Caroll. A finalidade, “seguir traballando na organización de eventos a través de redes sociais e recadar fondos para asistir a un congreso”, explica Isabel Suárez, profesora responsable de Pont-e.
31/03/2011