Con 37 votos a favor dos 40 emitidos no Consello de Centro que se celebrou hoxe, o actual director da ESEI, Enrique Barreiro, renovou o seu mandato por tres anos máis. Xunto a el estarán ao fronte da dirección da escola o equipo formado polos subdirectores de Organización Académica, Adaptación ao EEES e Sistemas e Infraestruturas, Marta Pérez, Eva Lorenzo e Francisco Javier Rodríguez, e polo secretario do centro e responsable de Calidade, Xosé Antón Vila. Barreiro amosouse moi contento coa súa reelección, “é a cuarta vez que me presento á dirección e comprobar que a xente non está aburrida de min é unha satisfacción”.
20/05/2009