A adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) facilitou o inicio dunha nova titulación na Universidade de Vigo, única no Sistema Universitario de Galicia, como é o Grao en Dirección e Xestión Administrativa. Con este motivo a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, centro no que se imparte, ofrece un obradoiro de orientación laboral dirixido ao alumnado desta nova formación baixo o epígrafe Coñécete e date a coñecer aos teus empregadores. O profesor Celso Cancela, coordinador desta actividade, explica que ten como obxectivo “darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas básicas para unha busca activa de emprego”.
26/04/2010