Un programa diverso para un público diverso que consegue reunir, en cada función, a preto de 300 espectadores. Son os primeiros datos da segunda edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense –FITO- que se desenvolverá en diversos escenarios da cidade ata o vindeiro día 1 de novembro. Para Ánxeles Cuña, directora do Festival, o balance é moi positivo. “O certame arranca dunha maneira moi potente, pero pensamos que vai ir a máis. De feito, está vindo xente de toda Galicia que, en xeral, amosa a súa satisfacción polos espectáculos que lles propomos”, declara.
26/10/2009