Para unha ducia de alumnos e alumnas do grao en Fisioterapia, a deste domingo non foi unha mañá de descanso. Todo o contrario, foi unha mañá de aprendizaxe e intensa actividade, posto que nesta xornada as unidades de voluntarios coas esta facultade colabora con diferentes eventos deportivos despregáronse por partida dobre na cidade. Por unha banda, dez estudantes atenderon a preto de 100 participantes do XIX Medio Maratón Cidade de Pontevedra, mentres que, no Casino Mercantil e Industrial, outros dous estudantes pechaban unha semana de colaboración co torneo internacional de tenis júnior, no que se realizaron 75 asistencias.
20/10/2014