Unha institución con moi boa saúde económica. Deste xeito describiron este venres Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social desta Universidade, a situación financeira desta entidade. Foi despois de que o pleno do Consello Social, composto por representantes dos axentes máis relevantes das provincias de Pontevedra e Ourense, se reunise no campus de Ourense para, entre outras moitas cuestións, aprobar as contas de 2013 da Universidade e das súas sociedades participadas, que son Citexvi, Fundación Universidade de Vigo e Cidade Universitaria.
27/06/2014