Unhas portas péchanse e outras ábrense, como para catro alumnas da Facultade de Belas Artes ás que este elemento serviu de inspiración para atopar a súa primeira experiencia profesional. Unha selección de obras de Alicia Martínez, Iria Méndez, Manuela Rodríguez e Lidia Alonso protagoniza a exposición Visoespacial, unha mostra “orixinal” na que experimentan cun soporte diferente, a porta, para reflexionar sobre a mente e a memoria no ser humano. En este caso, adaptaron a súa proposta creativa ao espazo expositivo, a tenda Lapuerta.com, “integrando as nosas obras coas portas en venda do local”, explica unha das artistas.
23/01/2012