Antonio Cartolano, Isabel Rodríguez e Diana López, alumnos do Máster Oficial Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo viviron o ano pasado “unha experiencia persoal e profesional inesquecible” como eles mesmos din. Chegaron a participar en México na final do xogo de negocios Beertual Challenge do Grupo Modelo, sétimo grupo empresarial cervexeiro do mundo. Para animar ao alumnado do campus de Ourense a repetir ou incluso mellorar o resultado, Andrés Olivera, do Grupo Modelo, presentou na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo unha nova edición do xogo.
16/10/2012