Loitar contra o cambio climático, as agresións aos recursos naturais e preservar a contorna son tarefas complexas, arduas e requiren da implicación clara e intensa de todos os parceiros posibles, dende as administracións ata os organismos non gubernamentais, a comunidade docente e a investigadora e toda a cidadanía en xeral. O Congreso Provincial de Medio Ambiente-Curso de Saúde Ambiental que hoxe remata é a ágora na que todos eles poden facer unha posta en común de intereses, propostas e liñas de actuación. Tras unha semana de intenso traballo hoxe baixouse o pano da cuadraxésima edición desta iniciativa, encadrada dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles, promovida pola Deputación Provincial en colaboración coa Universidade.
08/04/2011