O tema das redes sociais está moi de actualidade, xa que cambiaron enormemente a forma na que usamos a Web. Estas ferramentas, nalgúns casos aínda por pulir, están a facer que se modifiquen á súa vez os modelos de negocio doutras industrias, como é o caso da musical. Para afondar en todo isto, chegado dende Madrid, Borja Prieto, director de contidos de MySpace España, ofreceu un relatorio no Edificio Politécnico, no que explicou que é esta ferramenta, como funciona e para que se pode empregar, centrándose especialmente na promoción de grupos musicais.
22/06/2009