Ás 9.30 horas deste martes 19 de outubro comeza coas intervencións do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia e o secretario xeral de Universidades, Màrius Rubiralta, o acto de presentación dos 22 proxectos que concorren á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional 2010. En cuarto lugar e durante dez minutos, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, será o encargado de poñerlle voz a proxecto de Campus do Mar fronte a un auditorio formado por representantes dos sectores político, económico e social, así como os membros do comité internacional encargado de avaliar o proxecto e medios de comunicación. Precisamente Campus do Mar converteuse este luns nun dos protagonistas do espazo radiofónico La Ventana, conducido por Gemma Nierga que se emitiu en directo dende o Peirao de Trasantlánticos no Porto de Vigo. Salustiano Mato compareceu no programa da Cadena Ser para defender a candidatura horas antes da súa presentación, "na que exporemos o corazón e alma deste proxecto" sinalou.
18/10/2010