A proxección da película O Intercambio, dirixida por Clint Eastwood no ano 2008, porá fin este xoves ao ciclo Pensar o Cine, unha actividade organizada pola área de Filosofía do Dereito que se desenvolveu ao longo do curso académico cunha serie de pases cinematográficos comentados por especialistas nas distintas temáticas das obras. Na xornada de clausura da iniciativa intervirá tamén Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia Provincial de Ourense, cun relatorio sobre a verdade e a xustiza que dará paso a un coloquio posterior.
01/06/2010