“Dun ovo, nós quedámonos coa casca”. Con este símil, María Peña Lombao, organizadora do ciclo de conferencias O que sobra, quixo plasmar a finalidade das mesmas. A través destes relatorios, incluídos na Programación de Outono do campus de Pontevedra e previstos para toda a semana, preténdese dignificar “os residuos conceptuais e as partes do discurso que permanecen no anonimato, condenados a vagar pola zona marxinal do publicable”, en palabras da organizadora. Deste xeito todos os profesionais do mundo da arte convidados queren darlle un recoñecemento aos restos discutindo sobre o seu valor e sobre todo sobre a súa definición e limitación, xa que “os desfeitos poden ser motivo de reflexión”.
13/12/2010