A comunidade universitaria da Facultade de Filoloxía e Tradución recibiu esta semana a triste nova do falecemento de Alexandra Koss, unha das máis destacadas tradutoras da literatura galega ao ruso, “e tamén unha enorme amiga desta casa”, destacou Xosé Mª Gómez Clemente, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina e amigo persoal da autora, que lembrou o “importantísimo” papel de Koss na fundación e posta en marcha da facultade e, en xeral, nos estudos de galego e tradución.
27/05/2010