Paulina Beato, experta enerxética con longa presenza en Estados Unidos e Latinoamérica, expresidenta da Rede Eléctrica de España, colaboradora habitual do Fondo Monetario Internacional e, na actualidade, conselleira de Repsol YPF foi a encargada de abrir a 7ª edición de Universium, un ciclo que pretende provocar “o debate, o pensamento e a reflexión”, tal como subliñou na súa inauguración a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza.
Presentada polo profesor Xavier Labandeira, coordinador do ciclo xunto ao profesor e vicerreitor José Cidrás, Paulina Beato puxo ao día aos asistentes nas políticas europeas de cambio climático tras os acordos de Copenhague.
22/04/2010