Despois de traducir clásicos como 1984 e A granxa dos animais de George Orwell, e bet-sellers como o Código Da Vinci de Dawn Brown ou Indignádevos de Stéphane Hessel, ao profesor Fernando Moreiras (Vigo, 1976) chegoulle o recoñecemento coa súa primeira tradución dun texto poético Ensaio sobre a crítica, do poeta inglés Alexandre Pope. Soubo da concesión da décima edición do Premio de Tradución Plácido Castro a través da chamada telefónica dun amigo e o sábado recollerá o galardón no auditorio de Corcubión, vila natal de Plácido Castro, escritor, xornalista e tradutor galego e destacada figura do galeguismo de entreguerras.
“Para min foi toda unha sorpresa e tamén unha honra”, admitiu o profesor, especialista en tradución de textos xurídicos e administrativos, pero autor de traducións de todo tipo.
05/10/2011