Un 16% aumentarán, o próximo ano, os fondos que a Consellería de Industria destina ás universidades galegas que no transcurso do 2008 recibiron case 49 millóns de euros a través de convenios e convocatorias competitivas. Así o confirmou o conselleiro, Fernando Blanco, no acto de sinatura cos reitores das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o reparto do Fondo de Calidade destinado ao Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento.
Un fondo que segundo Blanco creceu un 14% respecto de 2007 e co que se busca “unha mellora da calidade e na busca da excelencia na investigación”. A través deste acordo subscrito entre a Consellería de Industria e as tres universidades, o departamento que dirixe Fernando Blanco inviste 7,37 millóns de euros “á mellora da calidade na procura da excelencia na investigación dos grupos universitario galegos”, apuntou o conselleiro.
01/12/2008