A mala sorte cebouse co Ednon Universidade, que xa acumula tres derrotas consecutivas ao ser superado polo Getxo Artea R.T. nun encontro moi disputado que tivo lugar no campus Lagoas Marcosende. A pesares da desvantaxe, os vigueses non deixaron de loitar recortando en sete puntos a distancia no marcador, cun resultado final de 17-24. Con esta derrota, o Ednon Universidade de Vigo non puido optar ao sexto posto na clasificación, quedando tralo Getxo que conseguiu remontar no seu lugar. Pola súa banda, o conxunto da primeira territorial galega tamén caeu ante o Muralla, que acadou a vitoria final con 15 puntos fronte a 11 dos vigueses, mentres que o equipo xuvenil cambiou as tornas ao acadar a súa primeira vitoria ante o Zalaeta cun resultado final de 29 puntos fronte a 8.
23/11/2009